13 dic 2013

As xuventudes socialistas de ourense renovarán mañá sábado a súa comisión executiva municipal


- O actual secretario xeral, Jonathan Da Silva, anunciou, tras seis anos no cargo, que non optará á reelección e que seguirá axudando os vindeiros anos "no que me pidan e cun rol diferente"

- Jonathan Da Silva: "Por cada enchufado na Deputación, hai hoxe trinta parados na nosa provincia e deben saber que hai xente disposta a deixarse a pel para que ninguén se ría deles".


Ourense, 13 de Decembro de 2013

Mañá, sábado 14 de Decembro, as 20:00 h, na sede do PSdeG en Ourense, celebrarase a asamblea extraordinaria da agrupación local das Xuventudes Socialistas de Ourense. Tras seis anos (tres mandatos de dous) ao frente da secretaría xeral da agrupación, Jonathan Da Silva anunciou que non optará á reeleción.

O, ata mañá, secretario xeral, deixa o cargo "agradecido a todas e todos os compañeiros polo traballo realizado en tempos nos que é moi difícil manter a motivación" e "convencido de que a mensaxe das Xuventudes Socialistas, a necesidade de impulsar un cambio na idiosincrasia política da provincia, ten como único motor posible a acción política conxunta de todas e todos os socialistas".

Considera que ese ten que ser o camiño, "por xustiza, pero tamén para gañarnos a confianza dos cidadáns. Os números non fallan - dí-: por cada enchufado hoxe na Deputación, hai 30 parados na nosa provincia, que teñen que saber que hai xente disposta a deixarse a pel para que ninguén se ría deles"

Con respecto ao goberno municipal, "considera que os socialistas estamos protagonizar os anos de maior progreso para a nosa cidade pero, lamentablemente, tamén estamos a xerar un desencanto na cidadanía que, faga ou non xustiza, non se pode obviar. Dí Da Silva que "neste escenario,  a organización, a súa vocación e o seu compromiso cos cidadáns deben estar moi por riba de calquera; e que na medida na que todos sexamos humildes e conscientes delo, nada é irreversible e que o Partido Socialista, como ferramenta de cambio aberta e colectiva,  ten capacidade e capital humano suficiente para construir un proxecto que permita renovar a confianza dos ourensáns."

Á xuntanza acudirán diversos cargos orgánicos e institucionais do PSdeG como o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, a secretaria xeral da agrupación local do PSdeG, Carmen Rodríguez, o secretario xeral da executiva provincial e parlamentario autonómico Raúl Fernández ou Laura Seara, deputada do PSOE pola provincia.