17 nov 2013

Vídeo da homenaxe a María Casares en Ourense

Onte ao mediodía, dentro da xeira de homenaxes que, cada mes, dende a Secretaría de Igualdade das XSG están a adicar a mulleres representitativas da historia do noso país, tivo lugar un acto de lembranza da actriz María Casares. 

No acto interviron Aitor Bouza, secretario xeral das XSG, Laura Seara, ex directora do Instituto da Muller e parlamentaria do PSdeG-PSOE pola provincia de Ourense e Melisa Rodríguez, recentemente escollida como secretaria de igualdade das XSG en substitución de Anabel Rey, tamén presente no acto.

O evento tivo lugar nas proximidades da Ponte Romana de Ourense, á beira do río Miño, e contou cun peche musical a cargo de Irina Fernández, violinista, compañeira da nosa agrupación local, que nos obsequiou coa interpretación de "Tu gitana", de Luar na Lubre, da Internacional e do Himno Galego.

Deixámosvos o video! (desculpade polo son)