23 nov 2013

O socialismo ourensán reafirma o seu compromiso contra a violencia de xénero

Esta mañá, nos Xardíns do Miño, tivo lugar o acto organizado entre as Xuventudes Socialistas de Ourense e a secretaría provincial de Igualdade do PSdeG co gallo do día mundial contra a violencia de xénero, que se celebra o 25 de Novembro.

Interviñeron Mónica Vázquez, responsable de Igualdade do PSdeG na provincia de Ourense, Mario Tarrío, coordinador provincial das XSG e Raúl fernández, secretario provincial do PSdeG. Nas súas intervencións tiveron verbas de lembranza para as vítimas e denunciaron a reducción dos orzamentos adicados á loita contra a violencia de xénero por parte do goberno do Partido Popular. Asemade, referíronse á crise como unha traba máis para as mulleres maltratadas á hora de denunciar.

O evento pechouse coa actuación da violinista Irina Fernández e a colocación, na fachada da sede do PSdeG, dun lazo violeta.

O vindeiro día 25, as 18:00 h, na Praza de San Martiño, celebrarase un novo evento, desta volta organizado pola agrupación local do PSdeG e polo Círculo Poético de Ourense, co mesmo motivo.