23 nov 2013

O país mobilízase en defensa do sector público

Esta mañá quixémonos sumar tamén ás mobilizacións convocadas polos principais sindicatos en todo o país en defensa do sector público.

Percorreu a manifestación as rúas de Ourense, dende o Pavillón dos Remedios até a subdelegación do goberno, no Parque de San Lázaro.

Temos claro que tan pouco rendibles non deben ser os servizos públicos cando os responsables do Partido Popular fan todo o posible para venderllos ás empresas dos seus amigotes.