16 nov 2013

MARIO TARRÍO, NOVO COORDINADOR PROVINCIAL DAS XSG EN OURENSE

Esta mañá tivo lugar na sede do PSdeG en Ourense o I Congreso Provincial das Xuventudes Socialistas de Galicia. Tratábase do primeiro dos congresos provinciais a celebrar na nosa comunidade durante este mes trala aprobación e asunción dun novo nivel estrutural, de ámbito provincial, na organización.

Nunha xuntanza na que todas e todos os militantes da provincia puideron participar como delegados e votar directamente as propostas presentadas, resultou electo como coordinador provincial  Mario Tarrío, militante da agrupación local de Ourense. Asemade, foi elixida tamén a nova delegación das Xuventudes Socialistas ao Comité Provincial do PSdeG en Ourense.

Ao acto asistiron diversos cargos institucionais e orgánicos do PSdeG, e contou coa intervención do alcalde de Ourense, Agustín Fernández, do secretario provincial do PSdeG, Raúl Fernández e do secretario xeral das XSG, Aitor Bouza.





Mario Tarrío durante a súa intervención no I Congreso Provincial