12/05/2013

As forenses. Reflexión persoal de José Antonio Nóvoa sobre o aborto


        Son moitos os males que ten o noso mundo político actual. Pero todos estos poderíanse resumir quizáis en tres: a sua falta de independencia (neste momento respecto ao poder económico – empresarial), a abundancia de hipocresía, e a creencia popular (nunca mellor dito) de que o Código Penal e o castigo son os mellores remedios para todos os males do noso país.

A min o aborto se vos son sincero non é algo que me guste. Moitos dicen que é un asesinato. Eu non son quen para decir se sí, ou se non. E non é que non me queira mollar, xa vos estou a dicir que non me gusta. Pero penso que ten que ser a ciencia a que o diga, e non a moral de cada un. Pero a verdade é que non podo evitar velo como algo negativo, xa non pola propia interrupción da xestación, senón polo trauma que ten que supor para unha muller pasar por un trance esí.

Pero independientemente de como o consideremos, do que non cabe duda é que é unha realidade que sempre, sempre, existiu e existirá.Tanto nas etapas da historia do noso país na que estaba castigado como delito polo Código Penal, como nas etapas nas que o estaba menos.

Un fenómeno calado por vergonza das familias que só que buscásemos un pouco na historia do noso rural galaico encontraríamos historias aterradoras de velliñas que ían de casa en casa, “as forenses” lle chaman nalgúns sitios, practicando abortos sen ningún tipo de hixiene. Pero se buscásemos un pouco máis, esta vez na historia das nosas urbes (sen irnos demasiado atrás no tempo) encontraríamonos con historias verdadeiramente aterradoras de mulleres as que lle eran practicadosabortos enriba das mesas dos comedores do seu salón.

Polo tanto o único que pido e que nos deixemos de ser hipócritas. O aborto existiu sempre, e seguirá existindo. E porque se lle impoñan castigos penales, porque se desregule legalmente… non vai deixar de existir. Todos estamos dacordo en que é algo negativo (incluso quen o defende como dereito) polo tanto o camiño a priori é o que xa estabamos a seguir: unha boa educación sexual e ver dunha vez por todas o sexo como algo natural. Igual de natural que é nacer, crecer, comer, chorar, rir e morrer . Volver hacia políticas co penalizan, co distancian das mulleres, o único que consegue é poñer en xogo a vida e a dignidade de moitas mulleres. Está comprobado que desregular, penar o aborto, non reduce o seu número.



Por Deus, non deixemos que volvan as aborterías de barrio.

Nunca máis.



José Antonio Nóvoa, 

compañeiro das Xuventudes Socialistas de Ourense.

10/05/2013

Xuventudes lanza unha controvertida campaña contra a reforma da lei que regula a IVE

   Os mozos e mozas socialistas definiron a reforma proposta por Gallardón como “un retroceso propio do franquismo que atenta contra as mulleres”                                                                                
   O secretario xeral, Aitor Bouza, presentou xunto coa secretaria de igualdade, Anabel Rey, a campaña ‘Tes dereito á túa vida. Tes dereito a decidir. Nós decidimos’

 

       As Xuventudes Socialistas de Galicia esixiron hoxe “a retirada da reforma que ten intención de impoñer o goberno de Mariano Rajoy en materia de aborto e saúde sexual e reprodutiva”.

O secretario xeral, Aitor Bouza, definiu a proposta de reforma da Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo como “un retroceso propio de tempos franquistas que amosa unha posición ultraconservadora por parte da dereita española retirándolle o dereito a decidir ás mulleres”.

O líder das XSG reivindicou a “Lei IVE aprobada polo Goberno socialista baseada en prazos que lexitimaban o dereito a decidir das mulleres”. Para Bouza, esta lexislación “non se trataba simplemente dunha ‘Lei do aborto’, senón dun plan que acadou a diminución do número de interrupcións voluntarias do embarazo grazas ao aumento da educación sexual e reprodutiva”.

Bouza cuestionou a constitucionalidade desta reforma, xa que “non garante os dereitos fundamentais das mulleres”. “O que propón o Partido Popular constitúe un gran risco para a súa vida e a súa saúde e condena a súa liberdade de decisión obrigándoas a recorrer á clandestinidade para dispoñer deste dereito”.

En opinión das Xuventudes Socialistas, “a reforma da Lei IVE corresponde exclusivamente a razóns ideolóxicas lideradas pola Igrexa católica e retoma as condicións que establecía a lei do ano 85, relegando a España á cola dos dereitos das mulleres con respecto ao resto de países europeos”.

“O Partido Popular non pode insultar de novo á cidadanía promovendo a idea de que esta reforma atende a razóns de austeridade” –engadiu Bouza. “A igualdade entre homes e mulleres non entende de retallos que atentan contra uns dereitos adquiridos grazas á democracia” –concluíu.

 #nosotrasdecidimos






 Fonte: www.xuventudessocialistas.org/

02/05/2013

Xuventudes Socialistas súmase á Folga estudiantil do 9 de Maio


     Los jóvenes socialistas anuncian su apoyo total a la huelga educativa del 9 de mayo para pedir la retirada de la Ley Wert, el fin de los recortes en educación y la dimisión del Ministro

     La organización juvenil lanza una campaña bajo el lema “9 de mayo: todos a la huelga” para difundir por centros y universidades la convocatoria de la misma



         Juventudes Socialistas de España ha anunciado que apoyará la huelga educativa del próximo 9 de mayo para exigir al Gobierno la retirada de la Ley Wert, el fin de los recortes en la educación pública y la dimisión inmediata del Ministro de Educación, Cultura y Deporte, José Ignacio Wert.

Para Nino Torre, Secretario General de JSE, “el próximo 9 de mayo la comunidad educativa demostrará al Gobierno que su reforma es nefasta y atenta contra los principios de la educación pública al segregar desde edades tempranas con las reválidas, eliminar Educación para la Ciudadanía, dotar de mayor peso a la asignatura de religión y permitir la segregación por sexo en las aulas”.

En opinión de Juventudes Socialistas, “estamos ante la reforma educativa más conservadora que se haya dado en Europa” –y añaden- “en cualquier otro Gobierno, un Ministro tan retrógrado y polémico como Wert, se hubiera visto obligado a dimitir o de lo contrario, lo hubieran cesado”.

Nino Torre ha asegurado que “de aprobarse la Ley Wert, nos encontraremos ante un panorama desolador para estudiantes y profesores ya que la educación se convertirá una carrera de obstáculos en la que solo los excelentes y los adinerados podrán estar cualificados”. “La educación pública está sufriendo el mayor deterioro de nuestra historia a golpe de decreto y recorte, por ello el 9 de mayo debemos decir NO a los abusos de este Gobierno” –añade Torre.

El Secretario General de JSE ha asegurado además que “el principal objetivo del Gobierno de Rajoy es restringir el acceso a la universidad de los estudiantes con menos recursos, rompiendo por completo la igualdad de oportunidades mediante la segregación temprana, el recorte en becas y el tasazo universitario”.


 



#9Mhuelga
#FueraLeyWert


Fuente: JSE

01/05/2013

PSdeG e Xuventudes reivindican xuntos "Un futuro digno para Ourense" no 1º de Maio

      
    Como cada 1º de Maio, o progresismo ourensán vivíu esta mañá unha xornada de reivindicación de dereitos para as e os traballadores do noso país e de reivindicación, especialmente, dunha aposta polo crecemento e pola creación de emprego.


Na homenaxe a Pablo Iglesias, interviron a secretaria xeral da agrupación local do PSdeG e os coordenadores comarcal e provincial do sindicato irmán UXT, coorganizadores do acto. As intervencións fixeron fincapé na necesidade de cambiar o paradigma co que as institucións están a tentar resolver a crise, a  economía da austeridade e do sufrimento, por unha economía ao servizo da cidadanía e do benestar.





De seguido, tivo lugar a tradicional manifestación do 1º de Maio, convocada por CC.OO e UXT, cunha especial lembranza para aqueles que perderon o seu emprego e para os traballadores de T-Solar, moi activos durante a movilización, cuxos postos de traballo están en risco.

Desta volta, por pimeira vez, a proposta desta agrupación local, simpatizantes e militantes de PSdeG e de Xuventudes Socialistas acudimos agrupados tras unha pancarta propia baixo o lema: "Por un futuro digno para Ourense". Na manifestación participaron tamén destacados dirixentes do Partido Socialista, como os secretarios xerais provincial e local, Raúl Fernández e Carmen Dacosta, a deputada Laura Seara, o senador Miguel Fidalgo, o alcalde de Ourense, Agustín Fernández  así como concelleiras e concelleiros do goberno municipal da cidade.

Ao final da manifestación, coa emotividade habitual, os asistentes entoaron o himno galego, o himno da Internacional e, desta volta, unha apaixoada "Grándola Vila Morena" que iluminou unha mañá, por outra banda, pouco apacible no meteorolóxico.










28/04/2013

Aitor Bouza, novo secretario xeral das XSG


Aitor Bouza: “as Xuventudes Socialistas teñen dende hoxe un único proxecto para Galicia”

A nova executiva nacional das XSG queda conformada por vinte membros 


Poio (28-4-13).- 



      O novo secretario xeral das Xuventudes Socialistas, Aitor Bouza, xunto o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, clausuraron hoxe o catorce congreso da formación xuvenil en Poio.

O novo secretario de Xuventudes, elixido na xornada do sábado, fixo un chamamento a unidade ao asegurar que dende hoxe “as XSG só teñen un único proxecto para Galicia porque temos un compromiso, dende hoxe, de contar con todas e todos”.
 
Ao mesmo tempo Aitor Bouza asegurou que deste congreso de Poio sae o compromiso para “que o próximo secretario xeral sexa elixido polo sistema de primarias porque a partir deste congreso imos desenvolver o regulamento para a súa aplicación no seguinte”.

Dentro dos compromisos adquiridos polo novo secretario xeral está o de converter a nova
executiva “na voz de todos os militantes por moi pequena que sexa a súa agrupación ou localidade”. Precisamente asegurou que van a iniciar un plan para acercase a totalidade das agrupacións para que todas teñan voz na nova executiva.
 
Ademais da elección duns coordinadores para cada unha das provincias, Bouza afirmou
que van a iniciar o proceso de adaptar a estrutura ao do partido coa creación dos órganos provinciais.
 
Por outra banda tamén salientou a total independencia das XSG do Partido Socialista e
asegurou que non “se poda usar as XSG como campo de batalla do partido”.




 


NOVA EXECUTIVA

A nova executiva das XSG está conformada por vinte membros e contou co respaldo do 61% dos votos na súa elección desta maña. Un 38 por cento dos delegados que exerceron o seu voto se abstiveron. A nova executiva está formada por: Aitor Bouza, secretario xeral; Miguel Caloto, secretario de organización; Marcos Ramos, política municipal; Alejandro Gesto, comunicación; Ismael Agra, formación; Ana Isabel Rey, Igualdade; Aida Castro, benestar social; Félix González, movementos sociales; Pilar Román, economía; Melisa Rodríguez, educación; Rodrigo Pena, novas tecnoloxías; Sofía Vázquez, medioambente; Mario Tarrío, Cultura; e tres secretarías executivas formadas por Ester Domínguez, Silvia Neira e Cristina Lois.

Os coordinadores provincias son: Andrés Tejo, A Coruña; Jesús Vázquez, Lugo; Javier
Rodríguez, Ourense; e Isaac Araujo, Pontevedra.




14/04/2013

A pola Terceira e definitiva!!

       
         
           As Xuventudes Socialistas de Galicia realizamos un aposta por un novo proceso constituínte é unha chamada a loitar polo noso futuro, a recuperar a soberanía popular e dar poder á maioría social traballadora como realización da democracia.



Un país con máis dereitos e máis democracia, que hoxe só pode significar unha cousa: a Terceira República. Viva a República.








      En Ourense, como cada 14 de Abril, celebrouse a homenaxe aos represaliadxs, no cemiterio de San Fracisco, organizado pola Asociación de Amigos da República. Un acto xa senlleiro na cidade a ao que, coma sempre, nos quixemos sumar dende esta agrupación local.





13/04/2013

UN 58 % DE PARTICIPACIÓN NA CONSULTA Á MILITANCIA DAS XSG-OURENSE


           Tal e como fora acordado na asamblea extraordinaria do pasado 29 de Marzo, onde a agrupación local de Ourense das Xuventudes Socialistas escolleu aos seus dez delegados/as para o XIV Congreso Nacional das XSG, durante o día de hoxe, entre as 12:00  e as 20:30 h, desenvolveuse a consulta directa á militancia da que xorde a delegación de voto con respecto ao próximo secretario xeral da organización xuvenil.

As e os militantes da agrupación, tras recibir circular informando do proceso, puideron depositar o seu voto, de xeito individual e secreto, nunha furna instalada ao efecto na sede provincial do PSdeG en Ourense e que estivo presidida polos membros da mesa da antedita asamblea. 

Os candidatos eran dous: Chema Castrillo, da Agrupación da Coruña, e Aitor Bouza, de Ferrol, se ben os votos en branco tamén eran computables a efectos da delegación do voto dos/as delegados/as.

Finalmente, a participación foi do 58 %,  contabilizándose 26  votos a favor de Aitor Bouza ( 89,65 %), 1 a favor de Chema Castrillo (3,45 %),   e  2 en branco (6,90 %).

Calculadas as porcentaxes, a distribución dos votos da delegación ourensá no Congreso Nacional do 27-28 de Abril, será de 9 delegados/as a favor do candidato Aitor Bouza Manso, 1 en blanco.


En palabras do secretario xeral da organización, Jonathan Da Silva,  “coa consulta simplemente tentamos que a posición da agrupación a determinemos entre todos, dun xeito democrático, e non quede a expensas de ningún tipo de “especulación” por parte dos delegados/as.”










31/03/2013

AS XUVENTUDES SOCIALISTAS DE OURENSE TILDAN DE “ESCARNIO” O INCREMENTO NAS TARIFAS DOS EQUIPAMENTOS XUVENÍS DA XUNTA


-   En dous anos, o incremento nos prezos dos servizos e equipamentos xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude chegou até o 27 % nalgúns casos.

-   O prezo por praza nas residencias de estudantes aumentou nun 23,2 %  en dous anos.

-   Denuncian “falta de sensibilidade nun momento no que o paro xuvenil chega ao 50%”.

Ourense, 31 de Marzo de 2013

      A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia vén de aprobar, o pasado 18 de Marzo, a orde que establece os prezos para o ano 2013 dos servizos, actividades e equipamentos xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, como son os Campamentos de Verán, os albergues ou as residencias de estudantes, como pode ser a “Residencia Florentino López Cuevillas”, no centro da cidade das Burgas.

Trala súa publicación no D.O.G. do pasado do pasado luns 25 de Marzo, as Xuventudes Socialistas de Ourense denuncian que este é o segundo ano consecutivo no que as tarifas son incrementadas, chegando a ser os prezos dalgúns servizos até un 27% máis caros que no ano 2011.  Destacan o incremento nas tarifas dos Campamentos de Verán, cuxo prezo aumentou nestes dous anos, para as estadías quincenais, nun 22,8 % , e para as estadías diarias, nun 27,3 %. Outro exemplo sería o caso dos Campos de Traballo Nacionais e Internacionais, cuxo incremento se produce entre 2012 e  2013, sendo prezos para este ano un 25% superiores ao ano anterior.

O caso “máis preocupante” é, para os socialistas ourensáns, o incremento na tarifa das Residencias de Estudantes, orientadas a mozos e mozas con menos recursos – pois o criterio de admisión atende, esencialmente, a circunstancias socioeconómicas dos solicitantes-, e que presenta un incremento entre 2011 e 2013 dun 23,2%.




Para o secretario xeral da organización, Jonathan Da Silva, este tipo de decisións, “que supoñen un aforro ínfimo para a Xunta de Galicia, denotan unha absoluta falta de sensibilidade da Dirección Xeral de Xuventude. Non somos tan ilusos como para esperar pola súa parte, a estas alturas, algún tipo de iniciativa novidosa e creativa para tentar atenuar un paro xuvenil que chega ao 50%, pero non é moito pedir que non fagan escarnio dos xóvenes galegos”. 





28/03/2013

Ourense consulta aos militantes de cara á elección do Secretario Xeral das XSG




       Aberto xa o proceso congresual das Xuventudes Socialistas de Galicia, e tras non fructificar a proposta desta agrupación local para a celebración dunha Conferencia de Organización previa que articulase o marco para realizar unha consulta aos militantes de toda Galicia para a elección do secretario/a xeral da organización; a Asamblea das Xuventudes Socialistas de Ourense determinou realizar unha consulta ao respecto - en sufraxio secreto e individual- entre todos os seus militantes, cuxo resultado, será o que, de xeito proporcional, voten os seus delegados/as no propio Congreso Nacional.  É dicir; se, por exemplo, un candidato acadase un 40 % dos votos, outro acadase outro 40% e o 20% resultasen en branco, dos dez delegados da agrupación local, catro votarían por un candidato, catro polo outro e dous en branco.

A consulta terá lugar o sábado 13 de Abril para darlle tempo aos candidatos a dirixírense á militancia, porén, a delegación ourensá ao XIV Congreso das XSG, será elixida polos cauces reglamentarios e nos prazos establecidos nunha asamblea extraordinaria que se celebrará o venres 29 de Marzo, na que se delegará tamén a votación con respecto ao informe de xestión dos órganos nacionais e a defensa das emendas que os militantes aporten sobre á ponencia marco.


Esto implica un maior esforzo, por parte das candidaturas, para poder chegar ao conxunto da militancia a través das redes, dos seus documentos ou en persoa. O están a facer, e llo queremos agradecer públicamente co desexo de que o proceso, dentro da lóxica e natural diversidade da nosa organización, transcorra coa serenidade precisa nun momento como o actual.


Os candidatos, a día de hoxe son:


Chema Castrillo, 24 anos, estudante de arquitectura. Vicesecretario xeral actual e secretario xeral da agrupación d’ A Coruña: http://www.somospresente.com/

Aitor Bouza Manso, 21 anos, estudante de Dereito secretario xeral da agrupación de Ferrol: http://www.avanzandounidos.org


Dende a executiva local, seu secretario xeral, Jonathan Da Silva, afirma que "dentro das preferencias que un  personalmente poda ter, a nosa aspiración é pasar páxina e darlle a responsabilidade aos militantes. Nos congresos tradicionais, as decisións acaban tomándoas entre catro, e iso redunda nunha falta de identificación co proceso e co proxecto que nos está levando a ter cada vez máis dificultade para empatizar e movilizar á xente nova".




20/03/2013

MANIFIESTO DEL PSOE POR EL DÍA INTERNACIONAL PARA LA ELIMINACIÓN DE LA DISCRIMINACIÓN RACIAL 2013


       El PSOE se suma un año más a la conmemoración del Día Internacional para la eliminación de la discriminación racial, efeméride instaurada en 1966 por la Asamblea General de las Naciones Unidas en recuerdo de los fallecidos en la manifestación del 21 de marzo de 1960 en Shaperville contra el Apartheid en Sudáfrica.

El racismo es una forma de intolerancia y rechazo por motivos de origen racial o étnico, un menoscabo en el ejercicio de los derechos y libertades inherentes a todo ser humano. Todas y todos tenemos el derecho universal a no ser discriminados, a que nos traten de forma igualitaria, a ser respetados, a convivir en armonía y no sufrir ningún tipo de exclusión por nuestro color de piel, por nuestra pertenencia a una determinada etnia, por nuestro acento, nuestro origen, nacionalidad o nuestros rasgos.

La discriminación por motivos raciales lamentablemente sigue siendo una constante en muchos países del mundo, las minorías étnicas son víctimas de exclusión social, de olvido y marginación, cuando no de la total ausencia de políticas públicas. Los organismos internacionales trabajan promoviendo instrumentos de orden internacional para la eliminación de cualquier tipo de discriminación cuyo mayor exponente ha sido la Conferencia Mundial contra el racismo y la discriminación racial, la xenofobia y formas conexas de intolerancia (Durban- Sudáfrica 2001).

El proyecto de Ley de Igualdad de Trato y no Discriminación que el PSOE presentó de nuevo en esta legislatura fue rechazado por la mayoría parlamentaria del PP el pasado 11 de marzo en el Congreso de los Diputados. Con este rechazo, nuestro país se encuentra entre los países que incumple la normativa europea en materia antidiscriminatoria al no contar con un Organismo de asistencia a las víctimas de discriminación, o al no haber incorporado a nuestro ordenamiento la Autoridad contra la Discriminación, tal y como está definida en el derecho comunitario: con competencia en todos los campos y por todos los motivos de discriminación, debiendo ser un organismo autónomo e independiente. Ante estas circunstancias, se requiere una respuesta decidida de la Unión Europea que obligue al Gobierno del PP a incorporar en su agenda las políticas andiscriminatorias y a cumplir el derecho comunitario en esta materia.

Exigimos al gobierno del PP que haga cumplir las garantías legales contra la discriminación racial y étnica en nuestro país, incluida una política criminal seria y el establecimiento de un régimen sancionador administrativo que no existe, tal y como recogía la Ley de Igualdad de Trato, así como el establecimiento de un Plan Integral contra el racismo, y la puesta en marcha inmediata de la Estrategia nacional para la inclusión de la población gitana en España (2012-2020), actualmente paralizada, y sin dotación presupuestaria alguna.

 



                                                                        
                                                                                  Fuente: Partido Socialista Obrero Español

07/03/2013

Cine-Forum "La voz dormida" na Casa da Xuventude






Mañana, viernes 8 de Marzo, con motivo del Día Internacional de la Mujer, proyectaremos la película "La voz dormida". El cine-forum tendrá lugar en la tercera planta (Sala de Vídeo) de la Casa da Xuventude de Ourense, a las 19:30 h, c/Celso Emilio Ferreiro, nº 27



SINOPSIS

Una película de Benito Zambrano
Basada en la novela de Dulce Chacón

Pepita (María León), una joven cordobesa de origen rural, va a Madrid en la posguerra para estar cerca de su hermana Hortensia (Inma Cuesta) que está embarazada y en prisión.

Pepita conoce a Paulino (Marc Clotet), un valenciano de familia burguesa, que lucha junto a su cuñado Felipe (Daniel Holguín) en la sierra de Madrid. A pesar de la dificultad de su relación, se enamoran apasionadamente.

Hortensia es juzgada y condenada a muerte. La ejecución no se llevará a cabo hasta después del parto. Pepita intenta por todos los medios y en todas las instancias que condonen la ejecución. Va todos los días a la prisión con el objetivo de que le entreguen el futuro hijo de Hortensia, suplicando que no lo den en adopción o lo internen en un orfanato...